Teodoro Comneno Ducas

Modelo:BiografíaTeodoro Comneno Ducas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1180 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morte1253 Editar o valor en Wikidata (72/73 anos)
Tesalónica, Grecia Editar o valor en Wikidata
Emperor of Thessalonica (en) Traducir
Déspota de Epiro
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastía Anxo Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMaria Petralifaina Editar o valor en Wikidata
FillosAnna Angelina Komnene Doukaina, Irene Comnena de Epiro, Dimitrios Angelos Doukas, John Komnenos Doukas Editar o valor en Wikidata
PaisJoão Ducas Editar o valor en Wikidata  e Zoe Doukaina Editar o valor en Wikidata
IrmánsManuel Comneno Ducas
Constantino Comneno Ducas
Miguel I Comneno Ducas Editar o valor en Wikidata
ParentesIsaac Komnenos Doukas, irmán consanguíneo
Alexios Komnenos Doukas, irmán consanguíneo
Miguel I Comneno Ducas, irmán consanguíneo Editar o valor en Wikidata

Teodoro Comneno Ducas (en grego: Θεόδωρος Κομνηνός Δούκας, Theódōros Komnēnós Dúkas); nado aprox. en 1180/1185 e finado aprox. en 1252, foi déspota de Epiro desde 1215 até 1230. A data exacta do seu nacemento é descoñecida, pero foi probabelmente entre 1180 e 1185. Foi o medio irmán do fundador do Despotado de Epiro, Miguel I Comneno Ducas, fillo de Xoán Ducas, o neto do emperador bizantino Aleixo I Comneno. Teodoro, que aspiraba a reconquistar Constantinopla, asumira os tres nomes imperiais de Anxo, Ducas e Comneno. Pouco despois de asumir o poder capturou nos montes albaneses ao novo emperador latino Pedro II de Courtenay, que viaxaba desde Dirraquio a Constantinopla para se instalar no seu trono.

En 1224 tomou posesión do reino latino de Tesalónica e alí foi coroado emperador. Mentres se preparaba para atacar a mesma Constantinopla, tivo coñecemento das negociacións entre Iván Asen II de Bulgaria e a familia imperial latina, e decidiu marchar contra os búlgaros, pero foi derrotado na batalla de Klokotnitsa en 1230. Sendo feito prisioneiro e logo cegado, viuse obrigado a abdicar en favor do seu irmán Manuel. Teodoro permaneceu prisioneiro do emperador búlgaro até 1237, cando Iván Asen II casou coa súa filla e logo concedeulle a liberdade. Regresou a Tesalónica xunto ao seu fillo Xoán a gobernar o reino, que nese momento estaba ameazado por Xoán III Ducas Vatatzés, emperador de Nicea. Terminou a súa vida nunha prisión nicena, onde en 1252 Xoán III o deportara.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne